As nosas oficinas

Información de contacto

385 agradecementos.

Queremos agradecer aos 8 centros de ensino de Ferrolterra que colaboraron na organización destes 27 obradoiros de economía social para a FP que levamos a cabo nesta entrada de curso, en especial a María do CIFP Ferrolterra , Mónica e Miguel do IES de Fene IES de Fene , a Carmen do IES Punta Candieira, a Sira do I.E.S Ricardo Carvalho Calero, a Mar do IES Saturnino Montojo – Ferrol, a Juan do CPR Loyola Mugardos, a Miguel do Ies Mugardos e a María e Carlos do IES Terra DE Trasancos. Co voso apoio todo foi moito máis doado.

Tamén agradecer aos 385 estudantes de Formación Profesional da nosa comarca pola súa educación e respeto, pola complicidade en todos e cada un dos 27 obradoiros e sobre todo, pola súa atención, foi verdadeiramente emocionante ensinarvos un anaquiño do mundo do cooperativismo e a economía social.

Agradecer tamén á Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol por brindarnos esta oportunidade.

Agardamos poder seguir colaborando no futuro para construír unha sociedade máis xusta!

User23

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *