Clausura do PIE do Concello de Ferrol 2022-2023
Onte tivemos o pracer de asistir á xornada de clausura do Programa Integrado de Emprego do Concello de Ferrol 2022-2023 no que Enxame, S. Coop. Galega participou como entidade formadora. O acto tivo lugar na Sede Afundación de Ferrol.
Participamos nunha mesa de debate sobre a formación en programas de emprego e demos o noso punto de vista con aportacións de cara a futuras melloras. Nesta mesa participaron representantes doutras entidades de formación como Verónica Rodríguez de Promove ou Laura Vilar de GestiónPlus.
Tamén interviron nesta xornada de clausura Javier Díaz Mosquera, tenente de alcalde do Concello de Ferrol e engarcado da área de Promoción Económica e Martina Aneiros Barros, delegada territorial da Xunta de Galicia en Ferrol.