As nosas oficinas

Información de contacto

Enxame abre o camiño para obter subvencións do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e Acuicultura 2021-2027.

Poderán acollerse a estas axudas as pequenas e medianas empresas e persoas traballadoras autónomas, e tamén persoas xurídicas sen ánimo de lucro entre as que se inclúen confrarías de pescadores e as súas federacións, asociacións profesionais do sector pesqueiro, entidades públicas locais, asociacións declaradas de utilidade pública, etc.

A subvención poderá oscilar entre o 50 e o 100% do custo do proxecto, e este deberá acadar algún dos seguintes obxectivos:

  1. Aumento do valor, creación de emprego, valoración e fomento da participación das mulleres, atracción de persoas mozas e promoción da innovación en todas as fases da cadea de produción e subministración dos produtos da pesca e acuicultura, e a mellora da imaxe destes produtos e a actividade produtiva a nivel local para a súa incorporación á cultura alimentaria do territorio.
  2. Fomento da economía azul.
  3. Impulso e aproveitamento do patrimonio ambiental.
  4. Fomento do benestar social e do patrimonio cultural.
  5. Reforzo do papel das comunidades pesqueiras no desenvolvemento local e da gobernanza dos recursos pesqueiros e actividades marítimas locais.

Contacta connosco se precisas máis información, se tes unha idea de proxecto para desenvolver ou se precisas ideas de desenvolvemento para a túa entidade. Axudarémosche no proceso de elaboración da memoria e do orzamento, así como tamén na tramitación das axudas e no proceso de xustificación das mesmas.

User23

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *