Feira da economía social agroalimentaria
Levamos un tempiño organizando esta feira de economía social para a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol, con financiación do @trabajogob e da @empregogalicia a través da @eusumogal .
Estades convidadas todas as persoas de todas as idades, contaremos con degustacións gratuitas e catas de queixos, mel, produtos elaborados con castaña, galletas mariñeiras, conservas, mariscos, infusións, licores, carnes, viños… Demostracións culinarias a cargo do chef Marcos Cabanas do Restaurante @elolivococinabar de San Mateo, que nos deleitará con produtos da nosa ría e con elaboracións de porco celta.
Os máis pequenos poderán desfrutar de obradoiros de elaboración de queixo fresco con @quesocampocapela e elaboración de candeas con cera de abellas con @casadomelgoente .
Teremos representación de produtoras da Fusquenlla , @aycarmen_farolillos e @bieiteiras ademáis doutras moitas entidades de economía social: cooperativas, sociedades laborais ou confrarías como: @quesocampocapela
labrecos_s.coop.galega
@tresfucinos
@barbudoscoop
@ericamelcooperativa @ericamel_cooperativa
@ribeiregas
@sofragal
@cabalinodolago
@galletasmarineras
@cofradiadepescadoresferrol
cofradiabarallobre
@lu_te_ga
@orballo_eco
@acastrexa
@osbiosbardos.culturadeleira
@vinos.ixp.gal
Proxecto Colaborativo “A Fusquenlla” Centro Transformación Agroalimentaria (Concellos de @moeche.concello , @concellosansa , Cerdido, @concello_valdovino , @concellodenaron , @concellodaspontes e @cedeira )
@asociaciongalegapicultura.aga
@casadomelgoente
Asociación Galega de Froita Autóctona de @granxadegudin
Agardamos que sexa un bonito día de unión e cooperación agroalimentaria para os produtores e produtoras así coma de coñecemento, concienciación e posta en valor da economía social.
Agardámosvos no Cantón (Alameda de Suances) o próximo sábado 28!