As nosas oficinas

Información de contacto

Socioloxía aplicada Desenvolvemento local Consultoría e formación

[ enxame ]

Consultora social comprometida

Somos unha consultora social comprometida coa mellora da calidade de vida das persoas e o desenvolvemento das comunidades, ofrecendo unha ampla variedade de servizos adaptados as súas necesidades. Estamos especializados no deseño, planificación, implementación e avaliación de políticas públicas, plans e programas sociais, colaborando coas administracións e cooperando con outras entidades locais.

Ofrecemos formación e orientación laboral para mellorar as habilidades e competencias das persoas e facilitar o seu acceso ao emprego. Todos os nosos proxectos realízanse dende unha perspectiva transversal de igualdade de xénero e de oportunidades, impulsando estruturas máis igualitarias e fomentando a economía social. Ademais, como entidade inscrita no Rexistro de Mediadores, prestamos servizos de mediación en conflitos sociais, laborais e comunitarios.